martes, 5 de mayo de 2015

Semana do libro e da lectura Concello de Carballo

Esta tarde saíron para a Casa da Cultura as nosas contribucións á exposición da Semana do Libro e da lectura do concello.

A temática deste ano é: Da Ciencia á ficción

No cole fixemos un mural relacionado coa temática aproveitando unha nova moi de actualidade: a Mars One ou Misión a Marte que se pretende levar a cabo por unha empresa holandesa. Decidimos unirnos á misión e trasladar o cole de Razo ao planeta vermello. 
Estamos todos! Ata os profes e Moncho.


















Ademais, os artistas Anxo e Mario contribuíron cun Robot que realizaron para Entroido.




Podedes visitar a exposición do 11 ao 15 de maio no Pazo da Cultura e buscarnos no mural.
Aquí vos deixamos máis actividades programadas para este mes na biblioteca Rego da Balsa de Carballo.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario