lunes, 11 de mayo de 2015

Grazas, axudantes!

Grazas aos axudantes e axudantas deste curso, pola vosa colaboració. Sen ela sería imposible que funcionase a Razoteca.
A seguir así!!
 



martes, 5 de mayo de 2015

Semana do libro e da lectura Concello de Carballo

Esta tarde saíron para a Casa da Cultura as nosas contribucións á exposición da Semana do Libro e da lectura do concello.

A temática deste ano é: Da Ciencia á ficción

No cole fixemos un mural relacionado coa temática aproveitando unha nova moi de actualidade: a Mars One ou Misión a Marte que se pretende levar a cabo por unha empresa holandesa. Decidimos unirnos á misión e trasladar o cole de Razo ao planeta vermello. 
Estamos todos! Ata os profes e Moncho.


















Ademais, os artistas Anxo e Mario contribuíron cun Robot que realizaron para Entroido.




Podedes visitar a exposición do 11 ao 15 de maio no Pazo da Cultura e buscarnos no mural.
Aquí vos deixamos máis actividades programadas para este mes na biblioteca Rego da Balsa de Carballo.
 

viernes, 1 de mayo de 2015

Donación de libros para a biblio


O día do libro, tivemos unha sorpresa: Adrián, de segundo, non só trouxo libros para intercambiar, senón tamén para doar á Razoteca. 
Todos estes nos deixou para que poidades levalos á casa en préstamo.



Están chulísimos, vese que coidas as túas cousas.




Grazas, Adri!!