sábado, 31 de enero de 2015

Concurso de adiviñas

Esta semana terá lugar o primeiro CONCURSO DE ADIVIÑAS do cole.



Cada día, no recreo, tocaralle aos nenos e nenas dun curso: 

  • O luns, día 2, aos maiores de infantil e aos de 1º.
  • O martes, día 3, aos nenos e nenas de 2º.
  • O mércores 4, a 3º.
  • O xoves 5, á clase de 4º.
  • O venres 6, aos compañeiros de 5º.
  • E o luns 9, os maiores de 6º.

Moitas das adiviñas foron creadas polos nenos e nenas de 6º no TALLER DE ADIVIÑAS que realizaron no primeiro trimestre. 

As normas son as seguintes:
  • Todo o que queira participar, acudirá voluntariamente á RAZOTECA no recreo. 
  • Terá que levar un LAPIS.
  • Alí poderá coller unha papeleta na que escribirá o seu NOME.
  • As adiviñas (3, 4 ou 5 dependendo do curso) estarán expostas no encerado.
  • Haberá que lelas cuidadosamente e anotar a resposta na papeleta. Aos nenos e nenas de infantil e primeiro, as profes lerémoslles en alto as adiviñas. 
  • Depositarase a papeleta na urna.
  • Cando todos rematen, os profes comprobaremos as respostas. 
  • Aquel neno ou nena que acertara todas as adiviñas propostas, será o gañador.
    • Se non hai ningún acertante de todas as adiviñas, realizarase un sorteo entre os participantes.
    • Se hai varios acertantes, realizarase un sorteo entre eles.
  • Ao final do recreo coñeceranse as solucións ás adiviñas e o gañador ou gañadora.
Animádevos a participar.
Moncho espéravos!!