miércoles, 22 de octubre de 2014

Próximas actividades: MOCHILAS VIAXEIRAS e APERTURA


Queridos nenos e nenas:
 
Este venres arrancan as MOCHILAS VIAXEIRAS.
A quen lle tocará en cada clase?

Moncho teno todo preparado.




A semana que vén, repartiremos os carnés e, en novembro, todos poderán levar libros en préstamo para a casa nos recreos de martes e venres. 

Feliz lectura a todos!

Cómo atopar o que buscas


Así se organiza a Razoteca.

Hai dúas seccións:

SABER E COÑECER

Cando entras pola porta, Á DEREITA, tes a sección de SABER E COÑECER. Son libros informativos, para coñecer o mundo: a Terra, o Universo, o Corpo Humano, os Inventos, as Ciencias, os Alimentos, a Música, a Arte, os Xogos e Deportes... Hai de todo!
Estes non están colocados por idades, senón por temáticas. Fíxate nos iconos dos libros para saber a qué categoría pertencen e onde buscar. Cada temática ten unha cor e un número:
     0. ENCICLOPEDIAS E DICIONARIOS.
     1. PENSAR E IMAXINAR.
     2. RELIXIÓNS.
     3. VIVIR XUNTOS.
     4. CREACIÓNS PROPIAS FEITAS NO COLE.
     5. O PLANETA E OS SERES VIVOS.
     6. AS COUSAS QUE NOS RODEAN.
     7. CREAR E DIVERTIRSE.
     9. OS PAÍSES, AS XENTES E O PASADO.

LER E DESFRUTAR

Cando entras pola porta Á ESQUERDA, atoparás centos de libros para LER E DISFRUTAR.
Son historias para pasalo bomba e están colocadas por nivel de dificultade. Cada nivel ou idade ten unha cor:

AZUIS: para os PRELECTORES. Teñen pouca letra, moitas ilustracións e moitas sorpresas.
Dentro desta categoría hai varias para ir directamente ao que estás buscando:
  • O MUNDO QUE ME RODEA.
  • LIBROS PARA VER E LER
  • LIBROS PARA QUE ME CONTEN
  • LIBROS CON SORPRESA
VERMELLOS (6-8 anos): para os PRIMEIROS LECTORES. Con letras sinxeliñas de ler e non moi longos. Entre eles podes atopar tres seccións moi interesantes:
  • FÁBULAS
  • CONTOS CLÁSICOS
  • PRACTICA A LECTURA
VERDES (8-10 anos): un pouquiño máis complicados para LECTORES AUTÓNOMOS
AMARELOS (de 10 anos adiante) para LECTORES EXPERTOS.
Finalmente, podes atopar unha zona ROSA. Alí atoparás: 
  • CÓMIC
  • TEATRO
  • POESÍA, ADIVIÑAS, TRABALINGUAS...
  • e LIBROS EN INGLÉS para todas as idades

Podes coller libros de calquera grupo, non importa a idade que teñas.

O tren de Moncho está na parede para resolver todas as túas dúbidas. Tamén che poden botar unha man os AXUDANTES DA BIBLIOTECA.








Os primeiros visitantes da Razoteca

A semana pasada, os nenos e nenas de tres anos, os pequechiños do cole, fixeron unha visita á Razoteca.
Aínda non está aberta ao público, pero o Bibliotecario Moncho ficho unha excepción e deixounos pasar porque tiñan moitas ganas de coller un libro e sentarse a miralo.






 
 
Como son moi agradecidos, trataron moi ben a Moncho, arregláronlle a roupa e colocáronlle os zapatos e Lara colleuno para que non se sentira só.






Todos elixiron un libro con sorpresa e pasárono así de ben.
Voltade pronto, chicos!