lunes, 9 de febrero de 2015

Concurso de adiviñas. De terceiro a sexto.


O mércores pasado foi o turno de terceiro. Houbo moitos participantes.








O gañador foi Dani. Foi moi perseverante, quedou pensando e foi o único acertante das catro adiviñas. Parabéns, Dani! Disfruta do premio.



Os flamantes axudantes dese día.

O xoves, os participantes de CUARTO tiveron moito público.








Houbo varios acertantes das catro adiviñas e, por sorteo, a gañadora foi RAQUEL. Parabéns, campiona!!


O venres, as adiviñas de QUINTO, foron máis complicadas e ademáis CINCO!!
Só houbo unha acertante das cinco, mais todos os participantes se achegaron moito. Parabéns a tod@s! Especialmente a Ílian!!











Os últimos en achegarse á Razoteca para concursar foron os de SEXTO. Despois de axudar na preparación do concurso para todos os demais cursos, tocoulles o turno a eles.


Tamén eles tiveron axudantes, máis pequenas pero moi traballadoras.


E o gañador foi Rubén!! O único acertante de todas as adiviñas.
PARABÉNS, RUBÉN!!!

E NORABOA A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR. Fixestes que o concurso fose moi bonito. 
Repetiremos, seguro!!

martes, 3 de febrero de 2015

Concurso de adiviñas. Segundo


As adiviñas de hoxe non eran nada fáciles, pero os nenos e nenas de segundo fixérono moi ben. Houbo catro acertantes das tres adiviñas: Pablo, Candela, Alba e Lara. 
Entre os catro, celebramos un sorteo e o gañador foi Pablo!! Que levou un xogo de tarxetas con sorpresa e foi tan xeneroso que as compartiu con amigos.

PARABÉNS, PABLO, E A TODOS OS DEMAIS POR PARTICIPAR.









lunes, 2 de febrero de 2015

Concurso de adiviñas. Primeiro e Infantil


Hoxe comezou o concurso de adiviñas cos nenos e nenas de infantil 4 e 5 anos e 1º de primaria.


Viñeron moi emocionados e todos puxeron o nome na súa papeleta. 

Escoitaron as adiviñas que lles leron os axudantes

E escribiron as respostas

Despois meteron a súa papeleta nunha urna.



Os maiores tamén axudaron a escribir as respostas aos máis pequenos.
 


Todos os participantes levaron un chupa e un marcapáxinas de parte de Moncho.





Os únicos acertantes das tres adiviñas, e polo tanto, o gañador e a gañadora, foron Xabi de 5 anos e Clara de 1º. 
Parabéns, campións.

E a todos os demais PARABÉNS POR PARTICIPAR.
E grazas, de parte de Moncho, especialmente aos axudantes.