viernes, 27 de octubre de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS

Arrancaron as mochilas viaxeiras neste curso 2017/2018. Como sempre saen cargadas de contidos entretidos e diversión para disfrutar na casa en compañía das familias. Deixámosvos as fotos dos primeiros portadores das mochilas. A disfrutalas!










jueves, 9 de junio de 2016

MOITAS GRAZAS AXUDANTES!

As compañeiras e compañeiros doutras clases, o profesorado e especialmente Moncho están moi agradecidos aos axudantes de 5º e 6º de Primaria que colaboraron na Razoteca neste curso. Moitas grazas a tod@s pola vosa participación, axuda e colaboración.


jueves, 26 de mayo de 2016

Semana do libro e da lectura 2016


 Como cada ano participamos na semana do libro e da lectura do Concello de Carballo. Este ano levaba por título Canta bichería!. Participamos coa elaboración da nosa particular Arca de Razo ,á que lle adicamos esforzos, ilusións e creatividade. Tamén levamos a cabo no Pazo da cultura diferentes actividades coma obras de teatro ou obradoiros moi interesantes e divertidos.

 






















jueves, 25 de febrero de 2016

CONCURSO DE ADIVIÑAS 2016

 
O pasado 17 de febreiro deu comezo o GRAN CONCURSO DE ADIVIÑAS 2016 no que participaron os alumnos e as alumnas de 1º a 6º curso. Como xa ocorrera na pasada edición, tivo unha grande acollida e unha altísima participación. Aquí vos deixamos fotos do concurso e aproveitamos para felicitar a tod@s @s participantes, ao público asistente e de xeito especial aos axudantes e aos gañadores/as. Noraboa!