martes, 11 de noviembre de 2014

AVISO: RENOVACIÓN DE LIBROS


Aviso para os usuarios e usuarias:

Como vemos que vos estades atrevendo con libros difíciles e longos, temos unha nova norma de préstamo.

Os libros pódense ter na casa durante unha semana, pero se vedes que non vos dá tempo a rematalos, só tendes que pasar pola RAZOTECA o día que vos toque devolvelo e dicir que o queredes renovar e prolongaremos o préstamo unha semana máis. É mellor se levades o MARCAPÁXINAS convosco, porque así anotaremos nel a nova data de devolución.

Poderedes ter o libro na casa un máximo de dúas renovacións, é dicir, tres semanas.

A ler moito!!

Comeza a andanza das MOCHILAS VIAXEIRAS



Con motivo do día da biblioteca, o venres 24 de outubro, Moncho quixo facer entrega das Mochilas Viaxeiras.
Pedro, Mateo, Álex, Nuria, Eloy, Alberto, Dani e Claudia foron os afortunados que as levaron de primeiros. 
Disfrutádeas moito!!
 



















Moncho tamén aproveitou que estábamos todos reunidos para entregar os carnés da biblio, que puidemos usar a partir do martes 4 de novembro.