Este pasado xoves non foi un día calquera. Había que celebrar o día do libro.
Moncho estivo encantado porque recibiu moitas visitas.
Pola mañá, celebrouse o MERCADIÑO DE INTERCAMBIO.
Os nenos e nenas que trouxeran libros, recibían un tícket da cor correspondente á clasificación dese libro:
- azul se o seu libro era para prelectores
- vermello se era para primeiros lectores
- verde se era para lectores autónomos
- amarelo, para os expertos.
Co seu tícket podían elixir un libro desa mesma categoría.
Houbo momentos máxicos, como cando un 'doante' e un 'receptor' se encontraban.
Pola tarde, celebrouse o MERCADILLO DE VENTA. Son libros que, por ter un formato pouco atractivo ou por setar un pouco feos e velliños, xa non deben estar na biblitoca porque ninguén os leva en préstamo. Aprendemos que estes libros se chaman EXPURGADOS. Algún quixo levar o selo de expurgo tamén na man.
Os libros puideron mercarse por un donativo simbólico de 0'50 euros.
Foi unha ilusión moi grande para os pequenos levar o seu euriño e poder comprar sós.
Libros que ninguén tocaba das estanterías, cobraban nova vida caendo en novas mans. Algún neno aficionouse a unha determinada colección o ano pasado, e volveu este ano a por máis libros.
As mestras aprendemos que non se pode subestimar nada, porque o que para nós non ten valor, resulta apetecible para os nenos e nenas.
Agradecemos a vosa comprensión se levaron libros un pouco feos ou non adaptados á súa idade: elixiron eles libremente e, por moito que usaramos as nosas técnicas de persuasión, non houbo quen os baixara do carro.
Grazas á colaboración de todos, xuntáronse 83 €. En breve poremos unha foto das novas adquisicións que se fan con estes cartos.
Os axudantes fixeron moi ben o seu traballo
Grazas de novo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario