Este pasado xoves non foi un día calquera. Había que celebrar o día do libro.
Moncho estivo encantado porque recibiu moitas visitas.
Pola mañá, celebrouse o MERCADIÑO DE INTERCAMBIO.
Os nenos e nenas que trouxeran libros, recibían un tícket da cor correspondente á clasificación dese libro:
- azul se o seu libro era para prelectores
- vermello se era para primeiros lectores
- verde se era para lectores autónomos
- amarelo, para os expertos.
Co seu tícket podían elixir un libro desa mesma categoría.
Houbo momentos máxicos, como cando un 'doante' e un 'receptor' se encontraban.
Pola tarde, celebrouse o MERCADILLO DE VENTA. Son libros que, por ter un formato pouco atractivo ou por setar un pouco feos e velliños, xa non deben estar na biblitoca porque ninguén os leva en préstamo. Aprendemos que estes libros se chaman EXPURGADOS. Algún quixo levar o selo de expurgo tamén na man.
Os libros puideron mercarse por un donativo simbólico de 0'50 euros.
Foi unha ilusión moi grande para os pequenos levar o seu euriño e poder comprar sós.
Libros que ninguén tocaba das estanterías, cobraban nova vida caendo en novas mans. Algún neno aficionouse a unha determinada colección o ano pasado, e volveu este ano a por máis libros.
As mestras aprendemos que non se pode subestimar nada, porque o que para nós non ten valor, resulta apetecible para os nenos e nenas.
Agradecemos a vosa comprensión se levaron libros un pouco feos ou non adaptados á súa idade: elixiron eles libremente e, por moito que usaramos as nosas técnicas de persuasión, non houbo quen os baixara do carro.
Grazas á colaboración de todos, xuntáronse 83 €. En breve poremos unha foto das novas adquisicións que se fan con estes cartos.
Os axudantes fixeron moi ben o seu traballo
Grazas de novo!!
sábado, 25 de abril de 2015
Acompañamento lector
Este venres comezamos unha nova actividade de biblioteca no centro: O ACOMPAÑAMENTO LECTOR. Algúns nenos e nenas da clase de sexto foron buscar, por sorpresa ao alumnado de 6º de infantil: serán os seus padriños de lectura.
Subiron todos xuntos á Razoteca e, con Moncho como supervisor, os pequenos leron libriños da colección Bubela aos maiores e estes, como premio polo seu esforzo, léronlles o libro que os afillados elixiron.
Os maiores están aprendendo que ensinar a ler non é nada fácil e axudan aos pequenos a practicar a lectura. Ademais disfrutan moito das ocurrencias dos seus afillados.
Os pequenos están practicando a lectura, aficionándose a ela e coñecendo a distribución e os fondos da Razoteca.
É unha actividade que se realiza en moitos centros e como parece que nos está gustando, seguramente a realicemos o ano que vén durante máis tempo e con máis alumnado.
Gracias padriños polo voso esforzo e pequenos pola vosa boa disposición!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)