Hoxe comezou o concurso de adiviñas cos nenos e nenas de infantil 4 e 5 anos e 1º de primaria.
Viñeron moi emocionados e todos puxeron o nome na súa papeleta.
Escoitaron as adiviñas que lles leron os axudantes
E escribiron as respostas
Despois meteron a súa papeleta nunha urna.
Os maiores tamén axudaron a escribir as respostas aos máis pequenos.
Todos os participantes levaron un chupa e un marcapáxinas de parte de Moncho.
Os únicos acertantes das tres adiviñas, e polo tanto, o gañador e a gañadora, foron Xabi de 5 anos e Clara de 1º.
Parabéns, campións.
E grazas, de parte de Moncho, especialmente aos axudantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario