O mércores pasado foi o turno de terceiro. Houbo moitos participantes.
O gañador foi Dani. Foi moi perseverante, quedou pensando e foi o único acertante das catro adiviñas. Parabéns, Dani! Disfruta do premio.
Os flamantes axudantes dese día.
O xoves, os participantes de CUARTO tiveron moito público.
Houbo varios acertantes das catro adiviñas e, por sorteo, a gañadora foi RAQUEL. Parabéns, campiona!!
O venres, as adiviñas de QUINTO, foron máis complicadas e ademáis CINCO!!
Só houbo unha acertante das cinco, mais todos os participantes se achegaron moito. Parabéns a tod@s! Especialmente a Ílian!!
Os últimos en achegarse á Razoteca para concursar foron os de SEXTO. Despois de axudar na preparación do concurso para todos os demais cursos, tocoulles o turno a eles.
Tamén eles tiveron axudantes, máis pequenas pero moi traballadoras.
E o gañador foi Rubén!! O único acertante de todas as adiviñas.
PARABÉNS, RUBÉN!!!
E NORABOA A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR. Fixestes que o concurso fose moi bonito.
Repetiremos, seguro!!