Os primeiros visitantes da Razoteca
A semana pasada, os nenos e nenas de tres anos, os pequechiños do cole, fixeron unha visita á Razoteca.
Aínda non está aberta ao público, pero o Bibliotecario Moncho ficho unha excepción e deixounos pasar porque tiñan moitas ganas de coller un libro e sentarse a miralo.
Como son moi agradecidos, trataron moi ben a Moncho, arregláronlle a roupa e colocáronlle os zapatos e Lara colleuno para que non se sentira só.
Todos elixiron un libro con sorpresa e pasárono así de ben.
Voltade pronto, chicos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario