Cada día, no recreo, tocaralle aos nenos e nenas dun curso:
- O luns, día 2, aos maiores de infantil e aos de 1º.
- O martes, día 3, aos nenos e nenas de 2º.
- O mércores 4, a 3º.
- O xoves 5, á clase de 4º.
- O venres 6, aos compañeiros de 5º.
- E o luns 9, os maiores de 6º.
Moitas das adiviñas foron creadas polos nenos e nenas de 6º no TALLER DE ADIVIÑAS que realizaron no primeiro trimestre.
As normas son as seguintes:
- Todo o que queira participar, acudirá voluntariamente á RAZOTECA no recreo.
- Terá que levar un LAPIS.
- Alí poderá coller unha papeleta na que escribirá o seu NOME.
- As adiviñas (3, 4 ou 5 dependendo do curso) estarán expostas no encerado.
- Haberá que lelas cuidadosamente e anotar a resposta na papeleta. Aos nenos e nenas de infantil e primeiro, as profes lerémoslles en alto as adiviñas.
- Depositarase a papeleta na urna.
- Cando todos rematen, os profes comprobaremos as respostas.
- Aquel neno ou nena que acertara todas as adiviñas propostas, será o gañador.
- Se non hai ningún acertante de todas as adiviñas, realizarase un sorteo entre os participantes.
- Se hai varios acertantes, realizarase un sorteo entre eles.
- Ao final do recreo coñeceranse as solucións ás adiviñas e o gañador ou gañadora.
Moncho espéravos!!